Economia

A economía venezolana pasou, despois da Primeira Guerra Mundial, dunha economía esencialmente agrícola a unha economía centrada na produción e exportación de petróleo. É esta a actividade que continua a dominar, sendo responsable por cerca dun terzo do PIB, por preto de 80% das facturas de exportación e por máis da metade do financiamento da administrazón pública. Os responsabeis venezolanos estiman que o PIB medrou o 2.7% no 2001. Unha forte subida nos prezos internacionais de petróleo alimentou a economía, despois da grave recesión de 1999.

A pesar diso, un sector non petrolífero relativamente fraco e fugas de capital - e unha queda temporaria nos prezos do petróleo - perxudicaron a recuperazón. No comezo de 2002, o goberno alterou o rexime de taxas de xuro dun rexime indexado para un sistema de flutuación libre, o que fixo con que o bolívar se desvalorizase significativamente.

O Presidente Hugo Chávez comezou en 2003 a canalizar os ingresos do petróleo obtidos pola compañia estatal PDVSA para financiar programas sociais. Os opositores da medida afirman que ela vai minar o estatuto de independencia dos bancos e da compañía petrolífera, e que é unha clara tentativa de aumentar o seu apoio público. Varios economistas afirman que a medida irá provocar inflación e perda de confianza dos investidores estranxeiros.